A formación da lingua

A FORMACIÓN DA LINGUA [Tema I: 1º BAC]

As invasión xermánicas e as linguas de superestrato


As invasións dos pobos xermánicos consuman a disolución política do imperio romano de occidente. Ese foi o “feito decisivo” que acabaría por culminar a disgregación lingüística da latinidade.

Migracións na Europa entre os séculos II e VI: Visigodos (violeta); Vándalos, Alanos e Suevos (azul); Francos (laranxa); Godos (vermello); Ostrogodos (rosa); Anglos e Saxóns (amarelo); Hunos (verde).
Noutra orde de cousas e cunha moito menor importancia, tamén as linguas de superestrato (linguas que coexistiron co tardolatín de cada zona) fixeron as súas achegas a cada romance.