A formación da lingua

A FORMACIÓN DA LINGUA [Tema I: 1º BAC]

Palabras patrimoniais, semicultismos e cultismos


As evolucións que acabamos de ver non se producen sempre. Só o fan nas palabras patrimoniais, pero non nos semicultismos ou nos cultismos.

a) Palabras patrimoniais. Son aquelas que, pertencentes ao latín vulgar, foron sendo progresivamente modificadas polas leis fonéticas propias da evolución de cada lingua. Tamén as formadas por derivación ou composición a partir daquelas e as procedentes doutras linguas que, por seren introducidas moi cedo, sufriron esas evolucións.

b) Semicultismos. Só en parte sufriron a influencia daquelas leis, ben pola súa entrada tardía, ben pola presión do latín eclesiástico sobre elas.

c) Cultismos. Proveñen directamente do latín escrito e non participan de ningunha evolución. Se acaso sofren pequenas adaptacións.

No seguinte cadro, recóllense palabras galegas procedentes do latín por diferentes vías.
Observa:
  1. Os cambios no significante entre o latín e as solucións romances.
  2. As diferenzas (e similitudes) de significado entre as palabras galegas procedentes do mesmo étimo.